Resumo da mapping party na Fic

O pasado venres reuniuse unha ducia persoas da contorna da Coruña co obxetivo común de aprender a mapear e coñecer Open Street Maps. A sesión estivo dirixida por Miguel Rodríguez Luaces coa colaboración das asociacións Gpul e xeoPesca.

A xornada dividiuse en dúas partes principais:

  • Introducción a OSM e como se recollen os datos.
  • Pequena saída polo campus de Evliña para recoller  información e logo volcar os datos.

Dende a asociación estamos satisfeitos e agradecidos  coa experiencia do traballo realizado conxuntamente coa  Facultade de Informática  e ao GPUL.

Moitas graciñas aos que nos acompañastes durantes a xornada.